14.5.09

hoxe nas noticias falamos sobre as letras galegas


As Letras de 2009 dedícanselle a Ramón Piñeiro
tivo unha intensa actividade política, literaria e de normalización da lingua galegaRamón Piñeiro naceu en Láncara (Lugo) en 1915, e comezou a militar, sendo ben novo, nas Mocedades Galeguistas e no Partido Galeguista, cargo que se viu truncado pola Guerra Civil.Na década dos 50, Piñeiro participou activamente na creación da Editorial Galaxia, que comezou, en plena ditadura franquista, a publicar libros na nosa lingua, sobre asuntos relacionados coa sociedade e cultura galega. Piñeiro dirixiu a editorial e traballou nela até 1966. Alí publicou en 1953, xunto con outros autores, A Saudade, ensaios. A súa obra non é moi abundante, e céntrase, na súa totalidade, na que se deu en chamar "filosofía da saudade". Así, a comezos dos 80, publicou Siñificado metafísico da saudade, notas pra unha filosofía galaico-portuguesa e Filosofía da saudade.

No hay comentarios:

Publicar un comentario