20.6.09

A FESTA NON VAI PARAR!!!!


E é por iso que o vindeiro martes 23, último día de clase nos despedimos cun PROGRAMA ESPECIAL

A FESTA NON VAI PARAR

estaremos todas e todos, a mellor música, os comentarios de despedida...

pero non chores, que á volta do verán MÁIS RADIONEREIDA!!!

18.6.09

A RADIO DO VERÁN


PICA AQUÍ E ESCOITA A RADIO DO VERÁN, comeza o concurso de "apologhit2009" mesmo podes participar

16.6.09

fin de curso en RADIONEREIDA

TODO O BO REMATA... e este curso xa se vai, logo de datas apretadas de exames, traballos, exercicios... moito feito á última hora... vaise o curso pero comeza O VERÁN
EN RADIONEREIDA despedímonos por estes meses de descanso cunha programación moi festeira. No outono habemos volver con enerxías renovadas. De momento quedamos cos últimos minutos de
TODOS NO TOP
INFORMATIVOS RADIONEREIDA
DÁLLE AO PLAY
e á vosa disposición no noso correo electrónico radionereida@gmail.com
ATA SEMPRE AMIGOS!!!!!!!!!!!!!

10.6.09

Máis radionereida::::

Esta semana, no IES Francisco Sánchez de Tui... MÁIS RADIONEREIDA

FOTO DE MAFALDA VEIGA, O VENRES EN DÁLLE AO PLAY

MÉRCORES 10 XUÑO

EN TODOS NO TOP COÑECEREMOS AOS SUCESORES DE "CHÁMALLE XIS" NO TABOLEIRO DOS ÉXITOS

XOVES 11 DE XUÑO

NOTICIAS RADIONEREIDA REPASA A ACTUALIDADE LOCAL E DO IES, SABÍAS QUE A MARCHA POLA PAZ ATRAVESARÁ A PONTE INTERNACIONAL? SABES QUE ACTIVIDADES HAI PROGRAMADAS NA NOSA CONTORNA?

VENRES 12 DE XUÑO

DÁMOSLLE AO PLAY CON MAFALDA VEIGA, COÑECEREMOS A SÚA MÚSICA, UN XEITO DE ACHEGARNOS Á MUSICA COMERCIAL DE PORTUGAL

26.5.09

informativo RADIONEREIDA


HOXE no informativo trataremos os seguintes temas:

-SUBIDA AO MONTE ALOIA ESTE VENRES

-OS DE BACHARELATO FORON Á CATEDRAL DE TUI

-PANCHO ALVAREZ PRESENTA O SEU ÚLTIMO DISCO SOLIDOS GALICIANOS EN CANS-PORRIÑO

25.5.09

NOVOS HORARIOS ESTA SEMANA

Con moitivo da subida este venres ao Monte Aloia... adiantamos a programación. Nos vindeiros días poderás escoitar os programas seguintes:

MARTES 26
TODOS NO TOP [TNT]
esta semana refaise a lista, sae Pulpiño Viascón quen xa levaba dende o comezo do programa de primeiro e... Quen ocupará o punto máis alto da nosa lista? Atende no segundo recreo á nova clasificación!!!

MÉRCORES 27
NOTICIAS RADIONEREIDA
Especial MONTE ALOIA, contaremos como vai ser, repasaremos a visita á catedral de Tui dos de 2º de Bacharelato e despediremos aos colegas deste curso que comezan a conta atrás para o selectivo.

XOVES 28
DÁLLE AO PLAY
Cal será a música escollida esta semana? Aínda aceptamos suxestións en radionereida@gmail.com

VENRES 29
SUBIDA AO MONTE ALOIA
subiremos todas e todos para contalo todo a vindeira semana...

19.5.09

programación de radionereida para esta semana



mércores 20 de maio
TNT todos no top
a semana pasada Pulpiño Viascón foi o "number one" Como andará a listaxe esta semana?

xoves 21 de maio
noticias RADIONEREIDA
falaremos dos transxénicos, da viaxe a Santiago de Compostela, da visita dos de segundo ao Verbum e da subida ao Monte Aloia entre outros

venres 22 de maio

DÁLLE AO PLAY
propoñeremos novas músicas para despedir a semana con alegría