25.5.09

NOVOS HORARIOS ESTA SEMANA

Con moitivo da subida este venres ao Monte Aloia... adiantamos a programación. Nos vindeiros días poderás escoitar os programas seguintes:

MARTES 26
TODOS NO TOP [TNT]
esta semana refaise a lista, sae Pulpiño Viascón quen xa levaba dende o comezo do programa de primeiro e... Quen ocupará o punto máis alto da nosa lista? Atende no segundo recreo á nova clasificación!!!

MÉRCORES 27
NOTICIAS RADIONEREIDA
Especial MONTE ALOIA, contaremos como vai ser, repasaremos a visita á catedral de Tui dos de 2º de Bacharelato e despediremos aos colegas deste curso que comezan a conta atrás para o selectivo.

XOVES 28
DÁLLE AO PLAY
Cal será a música escollida esta semana? Aínda aceptamos suxestións en radionereida@gmail.com

VENRES 29
SUBIDA AO MONTE ALOIA
subiremos todas e todos para contalo todo a vindeira semana...

No hay comentarios:

Publicar un comentario