25.2.09

PARDECONDE: Entrevista | CARLOS ABAD rapeiro suízo, fillo de emigrantes galegos...

«O tema adicado a Pardeconde foi un regalo para o meu pai»
O artista, coñecido co nome de Granpurismo, participa con outros grupos mestizos no movemento Mafia Gallega



Os «danos colaterais» do fenómeno da emigración son tan diversos como abraiantes. Se alguien se atopa algunha vez coa denominación Mafia Gallega seguro que comeza a desconfiar, máis estes particulares delincuentes só recoñecen na súa páxina en internet ser os autores de «tráfico de productos ilegais». Mafia Gallega é un movemento musical creado no ano 1999 ó que están vencellados varios artistas cun cerne común: ser fillos de emigrantes galegos. Un destes creadores é Carlos Abad, Granpurismo ou GP de nome artístico, un rapaz de 28 anos que ós 13 comezou a vencellarse ó rap na súa cidade de orixe: Schaffhausen, un enclave de Suiza a 40 quilómetros de Zurich. Con varios traballos no mercado, o seu tema Pardeconde xa é un clásico nos circuitos do rap e do hip hop. E, como non podía ser doutro xeito, un referente nos móbiles dos rapaces de Esgos.
-¿Como naceu «Pardeconde»?
-Nas miñas lembranzas fican nun lugar privilexiado os meus veráns en Pardeconde, a donde íamos tódolos anos cando eu era un cativo. Nunha maqueta faltaba por meter a última canción, e aí xurdiu Pardeconde. O tema foi un regalo para meu pai polo seu cumpleanos.
-E a partir de aí non parou ¿quizás polas referencias que fai a lugares e ás xentes co seu agradecemento expreso ó final do tema?
-A verdade é que quedei abraiado polo que pasou: o rap colgouse en internet e a partir de aí desmadrouse a cousa. Pasou ós móbiles, ás festas, logo chamaron da Radio Galega e logo da TVG -Granpurismo e Puto Coke interpretaban o rap no programa especial do 24 de Noiteboa-.
-¿Por que cre que existe un movemento tan activo en Suiza entre os descendentes de galegos?
-Os fillos de emigrantes galegos, a segunda xeneración, está moi vencellada aquí en Suiza, tanto nas principais cidades como en enclaves máis pequenos, ós movementos musicais e ó deporte. É unha forma de expresarse e de aí xurdiron contactos con grupos a artistas noutras partes de Europa para facer proxectos conxuntos.
-¿Nunca diu ningún concerto en Galicia?
-Non, si o fixen noutros lugares pola colaboración que manteño con outros grupos, e daquela teño actuado en Zaragoza, Málaga ou Sevilla. En Galicia nunca, agás nunha ocasión que Violadores del Verso me fixeron subir a cantar no Muralla Rock, de Lugo, porque teño colaborado con eles.
-¿E nunca se prantexou actuar en Ourense ou en Esgos?
-Son fillo de Amaro Abad e de Teresa, os dous de Esgos. Os meus son de Pardeconde ¿a ti que che parece?. A verdade é que as cousas están indo moi ben e teño moitos compromisos, aínda que si me propoñen ir estaría encantado de facelo se nos poñemos de acordo nas datas e nas condicións. Para min sería unha honra.

No hay comentarios:

Publicar un comentario